Segundo anunciou o conselleiro de Presidencia, a atención ao cidadán será de 9.00 a 18.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.
*Tamén engadiu que, a Consellería ten presentado ao Ministerio de Xustiza as súas demandas para obter un xulgado e un rexistro mercantil para Vigo e un partido xudicial en Ribadeo
A partir do vindeiro luns, 5 de maio, as oficinas dos rexistros civís de Galicia da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo ampliarán o seu horario e abrirán pola mañá e pola tarde de luns a venres e os sábados pola mañá, segundo anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu. O horario será de 9.00 a 18.00 h. de luns a venres e de 10.00 a 13.00 h. os sábados pola mañá, e a atención ao público organizarase a través de quendas voluntarias e incentivadas economicamente ás que poderán acollerse os funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial dependentes da Comunidade Autónoma e que presten os seus servizos nas oficinas dos devanditos rexistros civís.