1 dic 2015

O CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA VOLTARÁ NO ANO 2016


spjusoinforma3FORMACIÓN 2016 Así o confirmou a EGAP na comisión de formación que tivo lugar onte, 30 novembro,  en Santiago.
Achegáronnos as propostas formativas para o ano 2016, entre as que cabe salientar como novidades a inclusión por fin!!! do curso superior de linguaxe xurídica galega para funcionarios de xustiza da nosa comunidade e de fóra dela.
Logo de tres anos de loita, denunciando a súa supresión pola EGAP coa anuencia da DXX, logo de plantexar innumerables queixas en cada mesa sectorial e chegando incluso a formulalas ante a Valedora do Pobo, polos graves danos que esta situación provocou en todos nós, especialmente nos compañeiros destinados fóra de Galicia, mereceu a pena.
Achegámosvos cadro facilitado pola EGAP con todas as propostas formativas para o vindeiro ano, reflictíndose novos cursos de grande interese para o noso colectivo polas moitas reformas lexislativas operadas nestes eidos como son os cursos de  dereito concursal e xurisdicción voluntaria.